FICHA TÉCNICA

RC Celta 0-3 FC Barcelona

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Murillo, Aidoo, José Fontán, Lucas Olaza, Tapia, Gabri Veiga, Denis Suárez, Emre Mor e Iago Aspas.

Aliñación FC Barcelona: Neto, Piqué, Lenglet, Jordi Alba, Sergi Roberto, Sergio, De Jong, Coutinho, Ansu Fati, Griezmann e Messi.

Goles: 0-1, min. 10 (Ansu Fati). 0-2, min. 51 (Lucas Olaza en propia porta). 0-3, min. 94 (Sergi Roberto).

Árbitro: Del Cerro Grande

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta ía con moita ilusión a este partido, pero todo rematou en saco roto. Nada máis iniciar o choque, Ansu Fati puxo o primeiro para os azulgranas e os celestes xa non foron quen de reaccionar. O mal tempo que cubría Balaídos coouse tamén dentro da súa cabeza.

No inicio do encontro, o Barça controlou o balón e con iso chegou o tanto de Ansu Fati sen que a defensa celeste puidera detelo. A continuación, nunha xogada a balón parado, José Fontán cedeu a Gabri Veiga, que rematou a porta detendo Neto. Os dous canteiráns celestes foron dos máis importantes do primeiro tempo, ata que Fontán tivo que saír sustituído por unha lesión no ombreiro (entrou Nestor Araújo). Despois, Iván Villar seguiu detendo algunhas acometidas do Barça, que seguía intentándoo. Nos derradeiros minutos case non se xogou debido ás protestas pola expulsión de Lenglet por dobre amarela.

No tempo de lecer, Óscar García deu entrada a Baeza por Aidoo. No reinicio o Celta tiña unha grande oportunidade para remontar, pero no 50 Olaza anotou en propia porta nunha xogada desafortunada. Acto seguido, o mesmo lateral uruguaio rematou a portería rival sen éxito. Con todo, eran os azulgranas os que levaban o peso do partido. Inclusive, Messi puido marcar o terceiro, pero foi anulado por fóra de xogo. Santi Mina e Nolito entraron ao terreo de xogo por Gabri Veiga e Emre Mor. Baeza tivo unha boa ocasión que rematou ao pau. O derradeiro cambio do Celta foi Fran Beltrán por Renato Tapia. Dúas oportunidades claras chegaron despois por medio de Nolito. No desconto veu a machada final do Barcelona, cun gol de Sergi Roberto de volea.

En todos os momentos parecía que os culés eran os que estaban en superioridade numérica. Os esforzos realizados nas 3 primeiras xornadas de liga víronse mermados por esta primeira e dolorosa derrota da liga. O mellor que poden facer os de Óscar García é pensar no vindeiro partido ante o Osasuna. E, sobre todo, non volver a repetir os mesmos erros.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander