Dobre cita esta fin de semana para o Victoria FC en Sanxenxo e en Friol

0

Intenso fin de semana para o Victoria F.C. de cara a preparación do inicio da Liga de 1.ª Nacional Femenina o vindeiro 15 de septembro.

As rapazas do conxunto vermello afrontan mañá sábado o IV Torneo Internacional Concello de Sanxenxo no Campo de Fútbol de Baltar de Arriba en Portonovo nun trofeo que conta tamén coa presenza do Umia CF (1.ª Nacional), EFM Concello de Boiro (Autonómica), UD Mos (Autonómica), InterRías FF (1.ª Nacional), CAR Valladares (1.ª Nacional), PM Friol (2.ª División Pro) e Gil Vicente FC (da liga portuguesa). A competición comeza as 9.00 horas cunha fase de grupos a tres encontros de 40 minutos de duración na que os segundos clasificados xogan polo tercer e cuarto posto (as 19.30 horas) e os primeros a final del trofeo (as 20.30 horas).

O día seguinte a cita será no campo de A Reigosa de Friol con motivo do I Trofeo Jim Sports de Fútbol Feminino. Alí o clube compostelá levará tanto o seu conxunto da 1.ª Nacional, que xogará a partir das 17.00 horas frente ao Peluquería Mixta, como o de categoría Autonómica que se medirá ao equipo local da mesma categoría dende as 19.00 horas.

Nota de prensa del Victoria FC