Novo reforzo para o Ourense e nova chegada ao plantel dun xogador ourensán. Trala incorporación de Xoel Crespo, o segundo en asinar é Diego Vieytes, central ourensán de 27 anos e que ata agora formaba parte do plantel do CD Boiro, co que chegou a un acordo para a rescisión do seu contrato.

Central expeditivo e con experiencia en Segunda B e Terceira, volta á súa casa para xogar no equipo referente da cidade e apuntalar a zaga de cara ao tramo final ligueiro no que o equipo buscará o ascenso a Terceira División. Vieytes formouse na canteira do RC Deportivo onde chegou a xogar no Fabril. Barbadás, Rápido de Bouzas e Boiro contaron tamém cos seus servizos, sendo imprescindible en todos eles.

O xogador será presentado mañá en rolda de prensa ás 19:30 horas na sala de prensa do patrocinador oficial do clube, COSAGA, onde atenderá aos medios presentes para posteriormente adestrar ás ordes de Fernando Currás.

UDOurense/Foto: Yedra Seara

Comentarios