Foto: Carlos Domarco

Ficha técnica

Pabellón CF: Hugo, Martínez (Víctor 57′) Yago, Civile, Coello, José (Muíños 20′) , José Ramón, Osián (Iker Baltar 71′), Iker Rodríguez, Esteban (Marcos 71′) y Parrilla

TSK Roces: Rodo, Adolfo (Diego 56′), Yago, Acevedo, Juán, Abril David (71′), Aarón, Areces, Nico (Jorge(82′), Ares y Guille (Juan 82′).

Goles: 0-1 min Nicolas Esono, min 37; 1-1 Parrilla min 46.

Árbitros: Casanova Cueiro, Manuel; Castro Fernandez, Ruben; Pereiro Cabido, Miguel Ángel.

Incidencias: partido da segunda xornada da Fase de Permanencia da División de Honra Xuvenil disputado no campo Miguel Ángel – Os Remedios de Ourense.

 

Pabellón e Roces repartíronse os puntos tras 90 minutos moi equilibrados, cunha parte para cada equipo, a primeira para os asturianos e a segunda, moi seria e moi traballada, para os ourensáns.

Lesión de José que trastoca os plans de Cándido 

A primeira metade estuvo condicionada por a lesión de José no minuto 15, peza fundamental no ataque ourensán como demostrara no comezo do encontro desfacéndose dos centrais asturianos para rematar o lateral da portería do Roces. Os asturianos estaban mellor plantados no campo e buscaban balóns diretos case sempre por a banda dereita.

Sería por esa banda por onde chegaría o gol do Roces, saque en largo do porteiro que chega o intrior e tras un centro medido Nicolás poñía por diante os asturianos co que se chegaba o descanso tras duas ocasións de Osián e Parrilla.

 

O Pabellón reacciona tras o descanso

Tras o descanso, dominio claro dos locais que xa empataron o encontro por medio de Parrilla tras un córner. O Pabellón embutíu o Roces na súa área, pero non era o día dos branquiverdes en ataque que non atinaban nos metros fináis ou os seus tiros eran rechazados por os defensas. Nos últimos minutos notouse o esforzo físico e o partido converteuse nun correcalles, pero sin ocasións claras rematando o encontro cun empate xusto para ambos equipos.