Descalabro do Celta na Copa na noite de Reis | Baleares 2-1 Celta

0

FICHA TÉCNICA

Atlético Baleares 2-1 RC Celta

Aliñación Atlético Baleares: Xavi Ginard, Ferrone, Delgado, Orfila, Cordero, Petcoff, Armando, Canario, Ignasi, Dioni e Manel.

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Murillo, Carlos Domínguez, José Fontán, Tapia, Gabri Veiga, Denis Suárez, Cervi, Nolito e Galhardo.

Goles: 1-0, min. 16 (Manel Martínez). 1-1, min. 67 (Brais Méndez). 2-1, min. 76 (Manel Martínez).

Árbitro: Melero López

Campo: Estadi Balear

ANÁLISE

O Celta repetiu, un ano despois, un descalabro na Copa, nas Illas Baleares, na véspera de Reis. Caeu derrotado xustamente ante o Atlético Baleares por 2-1.

O primeiro tempo do Celta non foi o mellor do mundo. Ao comezo, Denis Suárez ou Hugo Mallo tiveron algunha que outra ocasión para internarse na área do Atlético Baleares, pero sen excesivo perigo. No minuto 16 chegou o primeiro gol dos locais. Manel Rodríguez anotou de cabeza sen oposición da defensa celeste. O Celta quedou en shock e só tentou aproximarse á área rival da man de Tiago Galhardo.

No inicio do segundo tempo, Coudet deu entrada a catro xogadores para tratar de reverter a situación. A partir de aí os celestes tiveron a pelota, pero tampouco realizaron moitos lanzamentos a porta. A fortuna chegou co gol no primeiro tiro entre os tres paus do Celta. Javi Galán combinou con Brais Méndez e este marcou o empate. Neses instantes Iago Aspas entrou ao campo para tentar remontar o partido. Porén, foi o Atlético Baleares o que acabou anotando. Repetiu Manel Rodríguez con outro lanzamento que Dituro non foi quen de deter.

Un ano máis, o Celta cae eliminado nos 16avos de final da Copa do Rei. Nun ano no que o celtismo tiña postas moitas ilusións neste torneo, os vigueses son derrotados ante un rival dúas categorías inferior. Como di a coñecida canción de «A Roda»: Sempre andas dicindo pro ano que vén, e chega outro ano e pasa tamén…

Final: Atlético Baleares 2 - 1 Celta

Fotografía: Cati Cladera