Derrota do Celta na estrea do novo Bernabéu (5-2)

0
Foto: LaLiga

FICHA TÉCNICA

Real Madrid 5-2 RC Celta

Aliñación do Real Madrid: Courtois, Carvajal, Militao, Nacho, Miguel, Casemiro, Modric, Valverde, Vinicius, Hazard e Benzema.

Aliñación do RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Javi Galán, Renato Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 4 (Santi Mina). 1-1, min. 23 (Benzema). 1-2, min. 31 (Franco Cervi). 2-2, min. 46 (Benzema). 3-2, min. 55 (Vinicius). 4-2, min. 72 (Camavinga). 5-2, min. 86 (Benzema).

Árbitro: Sánchez Martínez

Asistencia: 19.874 espectadores

Campo: Estadio Santiago Bernabéu

ANÁLISE

O Celta chegou a Madrid coas pilas cargadas despois do parón. Iniciou ben o partido, poñéndose por diante, pero os locais rapidamente lle colleron o ton á noite e foron respostando aos goles celestes ata que conseguiron coller vantaxe.

Os do Chacho Coudet, no día do seu corenta e sete aniversario, entraron no renovado Bernabéu con moita enerxía. Así que, no minuto catro, Santi Mina conseguiu superar a Courtois e poñer o 0-1. A continuación, os madrileños recolleron a intensidade dos vigueses e comezaron a combinar en campo contrario. Dituro realizou unha moi boa parada a Vinicius. O Celta sufriu durante uns minutos, pero de novo volveu ter boas ocasións de Javi Galán e Iago Aspas. Con todo, o Madrid conseguiu empatar por medio de Benzema. Aínda así, os celestes non se renderon e na media hora de choque Cervi volveu poñer aos galegos con vantaxe. Poucos minutos despois Benzema anotou, pero foi anulado por Sánchez Martínez.

Nada máis comezar o segundo tempo Benzema volveu marcar, pero esta vez si foi válido. O Madrid seguiu tentándoo ata que Vinicius puxo por diante aos seus por primeira vez no partido. O Celta non estaba atopando bos momentos no segundo tempo. A defensa celeste non tiña o seu mellor día e Dituro debía esforzarse para deter as acometidas rivais. As desgrazas seguiron chegando nunha xogada na que Dituro parou, pero Camavinga puxo o 4-2. Acto seguido Nolito estivo a piques de anotar para o Celta. Continuaron os infortunios cando o colexiado sinalou un penalti a favor do Madrid que foi convertido por Benzema. Ata no último segundo do partido Dituro seguiu detendo.

Todas as boas intencións que o Celta tiña postas neste encontro esfumáronse na segunda parte cos numerosos goles brancos. Os celestes seguen na cuarta xornada cun só punto, un balance bastante pobre. O vindeiro encontro será ante o Cádiz en Balaídos, unha ocasión clave para gañar.

highlight_image

Cervi ante Carvajal nunha xogada.
Fotografía: LaLiga Santander