Derrota do Celta ante o Sevilla nun intenso encontro (3-4)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 3-4 Sevilla CF

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Aidoo, José Fontán, Aarón Martín, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Sevilla CF: Bono, Jesús Navas, Koundé, Diego Carlos, Acuña, Fernando, Jordán, Rakitic, Suso, Ocampos e En-Nesyri.

Goles: 0-1, min. 7 (Koundé). 1-1, min. 20 (Iago Aspas). 2-1, min. 24 (Iago Aspas). 2-2, min. 35 (Fernando). 3-2, min. 43 (Brais Méndez). 3-3, min. 60 (Rakitic). 3-4, min. 76 (Papu Gómez).

Árbitro: Hernández Hernández

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta caeu derrotado inxustamente ante o Sevilla nun partido trepidante. Durante todo o partido ambos equipos dérono todo para gañar. Comezou adiantándose o Sevilla por medio de Koundé, pero Aspas empatou. Acto seguido o moañés puxo o 2-1, pero Fernando volveu empatar. Antes do descanso, Brais marcou o 3-2, pero á volta Rakitic empatou. No treito final Papu puxo o gol da vitoria sevillista.

O Sevilla iniciou o choque coa intención de dominalo, e Koundé marcou nun saque de esquina aos sete minutos. Con todo, o Celta soubo reaccionar perfectamente e nos minutos restantes desenvolveu un gran xogo. No minuto 20, o colexiado sinalou penalti por caída de Santi Mina, e Iago Aspas non fallou a pena máxima. Catro minutos despois (pero máis tarde para os afeccionados que vían o partido por televisión debido a un erro técnico de Gol TV) o mago de Moaña anotou o 2-1 nun contragolpe. Aínda que, no 35, Fernando disparou a porta, petou en Araujo e coouse na portería sen que Iván Villar puidera facer nada. Empate por terceira vez dende o inicio. Con todo, pouco antes de finalizar, Brais Méndez anotou un fermoso gol que volvía poñer aos vigueses por diante.

Na segunda metade os celestes tentaban defender o resultado, pero o Sevilla intentábao ata que no 60 Rakitic empatou (3-3). Pero a xerra de auga fría chegou no 76, cando Papu Gómez puxo por diante aos visitantes. O último treito non estivo exento de polémica, xa que Hernández Hernández non sinalou nada nunha xogada na que Fernando lle rompeu a nariz a Facundo Ferreyra dentro da área. Derrota do Celta, que queda coa sensación de non merecer marchar de baleiro.

Agora os de Coudet teñen ata o domingo (vs Cádiz) para sacar todo o positivo deste partido, que houbo bastante. O Sevilla é un dos equipos máis potentes da liga, pelexando incluso polo título. O Celta soubo competirlle e estar gañando en varias ocasións. Tamén houbo erros que se deben corrixir, pero este equipo está nun bo estado de forma.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander