Derrota do Celta ante o Sevilla na estrea de Coudet (4-2)

0

FICHA TÉCNICA

Sevilla CF 4-2 RC Celta

Aliñación Sevilla CF: Vaclik; Jesús Navas, Koundé, Diego Carlos, Acuña (Escudero, min. 33), Jordán (Óscar Rodríguez, min. 81), Fernando, Rakitic, Ocampos (Idrissi, min. 81), En-Nesyri (De Jong, min. 68) e Óliver Torres (Munir, min. 68).

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Aidoo (Araujo, min. 40), Murillo, Lucas Olaza, Tapia (Miguel Rodríguez, min. 88), Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito (Okay, min. 72), Santi Mina e Iago Aspas.

Goles: 1-0, min. 5 (Koundé). 1-1, min. 10 (Iago Aspas). 1-2, min. 36 (Nolito). 2-2, min. 47 (En-Nesyri). 3-2, min. 85 (Escudero). 4-2, min. 86 (Munir).

Árbitro: César Soto Grado

Campo: Estadio Sánchez Pizjuán

ANÁLISE

Por mor dun mal arranque e dun mal final de partido, o Celta volve de baleiro de Sevilla. No primeiro encontro de Coudet, os celestes foron mellores nalgúns momentos, pero non foron capaces de aguantar esa intensidade os 90 minutos. Comezaron anotando os locais, os vigueses remontaron e os sevillistas volveron empatar antes do descanso. Xa nos minutos finais, os de Lopetegui marcaron dous tantos máis que serían definitivos.

No inicio, o Celta non saltou ben ao terreo de xogo, e o Sevilla controlaba o partido. Marcaron xa no minuto 5 por medio de Koundé, que anotou sen oposición. Despois, En-Nesyri e Óliver Torres tiveron máis ocasións para ampliar a ventaxa. Aínda que, 5 minutos despois, Iago Aspas empatou nun rexeite de Vaclik. Aí foi cando mellor se sentiron os celestes, combinando e atacando. A recompensa chegou no minuto 36, Aspas centrou e Nolito rematou á rede. Non celebrou o gol por respecto ao seu ex equipo. Incluso puido marcar o terceiro nun disparo cruzado. Con todo, cando o primeiro tempo esmorecía, Navas puxo un centro que rematou En-Nesyri, superando a Araujo e Mallo.

No segundo tempo, os hispalenses volveron levar o control, e o Celta estaba cada vez máis metido na súa área. As ocasións destacadas deste período foron de AspasHugo Mallo e Tapia, aínda que a máis clara foi de Santi Mina, que disparou tras unha boa combinación. Con todo, o lanzamento foi desviado por Vaclik. Os cambios introducidos por Lopetegui axudaron ao seu equipo, que seguiu insistindo ata que, nos últimos minutos, Escudero disparou a gol sen que Rubén puidera detelo. Acto seguido chegou o cuarto nun contragolpe por medio de Munir.

Coudet non puido estar a pé de campo observando aos seus, pero si detectou elementos esperanzadores. Pero aínda quedan moitas cousas que mellorar e o tempo apremia a pesar de que esteamos na xornada 10. O Celta ocupa postos de descenso, penúltimos, a falta do resultado do Valladolid.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander