Derrota do Celta ante o Elche con malas sensacións (1-0)

0

FICHA TÉCNICA

Elche CF 1-0 RC Celta

Aliñación Elche CF: Kiko Casilla, Roco, Verdú, Barragán, Mojica, Fidel, Mascarell, Guti,Josan, Benedetto e Lucas Pérez.

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Araújo, Murillo, Javi Galán, Tapia, Fran Beltrán, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 1-0, min. 49 (Benedetto).

Árbitro: Munuera Montero

Asistencia: 11.299 espectadores

Campo: Estadio Martínez Valero

ANÁLISE

A mala primeira parte xa parecía adiantar que non ía ser un bo día para o Celta. Benedetto marcou para o Elche no iniciou do segundo tempo. Cando empatou Aspas nos minutos finais o tanto foi anulado e os celestes xa non puideron rescatar ningún punto.

O encontro, nun mediodía caloroso en Elche, comezou igualado e sen ocasións para ambos equipos. O Celta controlaba o balón, pero non xeraba oportunidades de gol. Os locais realizaron un lanzamento que salvou Tapia baixo paus, pero a xogada foi anulada por fóra de xogo. A continuación, Nolito disparou a porta, pero deteu Casilla. Benedetto tamén probou a meta celeste, pero o seu tiro marchou desviado.

highlight_image
Fotografía: LaLiga Santander

O Celta entrou na segunda metade con intensidade. Tapia realizou un lanzamento que saiu fóra e Murillo outro que parou Casilla. Acto seguido, cando parecía que os vigueses arrancaban, Benedetto anotou o primeiro gol da tarde. Minutos despois, Hugo Mallo rematou, pero despexou un defensor ilicitano. Boyé, o ex-celeste recén entrado no partido, aproveitou un erro defensivo para rematar. Guti realizou un bo disparo que deteu Dituro salvando o segundo. Benedetto volveu poñer en perigo á defensa celeste en dúas ocasións con remates perigosos.

O Celta puido empatar cun lanzamento de Galhardo que petou no pau. Poucos minutos despois Santi Mina estivo a piques de marcar, pero Casilla parou. Ao mal resultado uníuselle as lesións de Murillo, Brais Méndez e Tapia. No 90 Iago Aspas marcou, pero tras un minuto desconcertante Munuera anulouno. Non estaba claro que houbera man, pero a balanza caeu para o lado contrario.

A única mínima esperanza do Celta foi o gol de Aspas, pero pouco durou. Moitos erros se cometeron neste partido, ao igual que moitas lesións se produxeron. Agora os de Coudet teñen dúas semanas por diante antes do Celta-Sevilla para reflexionar sobre este inicio de tempada con altibaixos.