Derrota do Celta ante o Cádiz que agrava as malas sensacións (1-2)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 1-2 Cádiz CF

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Murillo, Fontán, Galán, Tapia, Solari, Denis Suárez, Cervi, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Cádiz CF: Ledesma, Espino, Chust, Fali, Haroyan, Sánchez, Alarcón, Iza, Choco Lozano, Rubén Sobrino e Bastida.

Goles: 0-1, min. 37 (Lozano). 0-2, min. 43 (Espino). 1-2, min. 6(Santi Mina).

Árbitro: Isidro Díaz de Mera

Asistencia: 6.754 espectadores

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

Un encontro que parecía propicio para conseguir por fin os tres puntos rematou de mala forma. Dous goles encaixados e sen ser capaces de empatar.

O Celta comezou ben o partido, cunha boa ocasión de Cervi aos catro minutos do inicio. Máis adiante foi o Cádiz o que tivo ocasión de marcar cun lanzamento que marchou por riba da porta de Dituro. Os celestes seguían tentando chegar á área rival, pero Cervi e Aspas non deron finalizado unha xogada. Nos últimos dez minutos chegaron os momentos horribles dos locais. Primeiro Lozano marcou o 0-1 e uns instantes despois o colexiado sinalou un penalti cometido sobre el mesmo. Un tempo de lecer que parecía calmado converteuse nunha preocupación e un resultado que levantar.

No inicio da segunda parte o Celta movía o balón, pero non chegaban oportunidades claras de marcar. Ata que Santi Mina conseguiu recurtar distancias. O que restaba de encontro foi un querer e non poder dos de Coudet. Varios paus impediron ao Celta o empate.

Tanto equipo como afección saíron tocados do partido. Un punto de quince posibles comeza a ser bastante preocupante. O bo é que o vindeiro martes o Celta xa terá unha nova oportunidade para acadar a ansiada vitoria.

Fotografía: LaLiga Santander