Derrota do Celta ante o Betis no derradeiro partido de Liga (2-3)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 2-3 Real Betis

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Aarón, Kevin, Néstor, Carlos Domínguez, Brais Méndez, Nolito, Fran Beltrán, Denis Suárez, Santi Mina e Iago Aspas.

Aliñación Real Betis: Bravo, Víctor Ruiz, Bartra, Miranda, Royal, Guardado, Rodríguez, Fekir, Rodri, Aitor e Borja Iglesias.

Goles: 1-0, min. 32 (Iago Aspas). 2-0, min. 49 (Brais Méndez). 2-1, min. 53 (Borja Iglesias). 2-2, min. 69 (Fekir). 2-3, min. 73 (Víctor Ruiz).

Árbitro: Gil Manzano

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

Asistencia: 2.686 persoas

ANÁLISE

O Celta remata a Liga con derrota ante o Betis, un resultado que semella inxusto polos méritos que fixeron os celestes no partido. Estiveron con dous goles de ventaxa, pero acertos do Betis e polémicas co colexiado fixeron que os andaluces remontaran ata o 2-3 final.

No inicio do partido o Betis comezou con intensidade e dispuxo de varias ocasións. O xogo estivo bastante parado durante todo o período polas numerosas faltas que se produciron. Despois, o Celta tamén tivo varias oportunidades de gol de Aarón Martín. Xa na media hora de xogo, Bartra cometeu un penalti e Iago Aspas transformouno no 1-0. Antes do descanso os celestes dispuxeron dalgunha ocasión máis, pero as faltas volveron ser protagonistas.

A segunda métase comezou intensa. No 49 Brais Méndez marcou un golazo que significaba o 2-0. Con todo, catro minutos despois o colegiado sinalou un penalti de Nolito e Borja Iglesias recortou diferencias. Minutos despois o Betis empatou de falta directa da man de Fekir. Acto seguido o Chacho Coudet foi expulsado por protestar. Pero o Betis marcou o 2-3 por medio de Víctor Ruiz sen que Iván Villar puidera detelo. A continuación os visitantes tamén quedaron cun menos pola expulsión de Tello por dobre amarela. O Celta seguiu tentando empatar ata o final, pero non houbo fortuna.

Ademais da primeira boa metade do Celta, o máis positivo do partido foi a volta dos celtistas a Balaídos nun partido do primeiro equipo. A afección animou aos seus ata o final, agradeceulle ao Chacho o seu bo facer esta tempada e dedicoulle algúns aplausos a Sergio Álvarez pola súa despedida do fútbol. Un pequeno comezo para volver á normalidade. E tamén, un soño novo que se inicia a vindeira tempada.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander