Derrota do Celta ante o Atlético no debut (1-2)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 1-2 Atlético de Madrid

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Araujo, José Fontán, Javi Galán, Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Atlético de Madrid: Oblak, Carrasco, Savic, Giménez, Hermoso, Saúl, Kondogbia, Koke, Lemar, Correa e Llorente.

Goles: 0-1, min. 23 (Correa). 1-1, min. 59 (Iago Aspas p.). 1-2, min. 64 (Correa).

Árbitro: Munuera Montero

Asistencia: 5.401 espectadores

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta comezou a Liga con derrota fronte ao Atlético de Madrid. O equipo tiña moitas ilusións postas neste encontro pola volta (case definitiva) do celtismo, pero os madrileños decantaron o choque con pequenos toques de calidade. Pouco despois de comezar, Correa puxo o 1-0, na segunda parte empatou Aspas de penalti e a continuación Correa marcou de novo.

O partido comezou co saque de honra dos medallistas olímpicos Ana Peleteiro, Teresa Portela e Nicolás Rodríguez. Na primeira metade o Celta fixose co control do balón durante boa parte dos minutos e quixo dominar. Con todo, nunha das poucas ocasións do Atlético, Ángel Correa abriu a lata cun gol dende a frontal da área. Os celestes seguiron intentando marcar, pero soamente Aspas conseguiu chegar á porta contraria aínda que sen fortuna. Máis tarde Araújo salvou o segundo tanto dos visitantes.

No segundo tempo continuou a tónica celeste que recibiu recompensa nun penalti lanzado por Iago Aspas. O primeiro gol do Celta nesta campaña non podía levar outra firma que a do moañés. Con todo, cinco minutos despois Correa volveu á carga para poñer o 1-2. Os seguintes minutos ata o final foron practicamente un monólogo vigués excepto unha ocasión que salvou a defensa celeste case na liña de gol. No desconto formouse unha tangana derivada do xogo do Atlético. Nela Munuera Montero expulsou a Hugo Mallo e a Mario Hermoso.

Duro inicio de campaña, pero no que se seguiron vendo as boas sensacións dos de Coudet (hoxe na bancada por sanción). Na seguinte xornada o Celta visita ao Osasuna coa intención de acadar, esta vez si, a primeira vitoria.

highlight_image

Saque de honra de Ana Peleteiro, Teresa Portela e Nicolás Rodríguez.
Fotografía: LaLiga Santander