FICHA TÉCNICA
Real Sociedad 2-1 RC Celta
Aliñación Real Sociedad: Iván Villar, Aaron Martín, Jeison Murillo, Néstor Araújo, Hugo Mallo, Renato Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.
Aliñación RC Celta: Remiro, Monreal, Le Normand, Elustondo, Gorosabel, Januzaj, Guridi, Guevara, Portu, Isak e Carlos Fernández.
Goles: 0-1, min. 22 (Hugo Mallo). 1-1, min. 25 (Portu). 2-1, min. 39 (Januzaj).
Árbitro: Jesús Gil Manzano
Campo: Estadio Municipal de Anoeta Reale Seguros
ANÁLISE
O Celta desaproveitou unha nova ocasión para finiquitar a permanencia e engancharse na pelexa por Europa, algo que parece case descartado. Hugo Mallo adiantou aos celestes, pero acto seguido Portu empatou. Antes do descanso Januzaj puxo por diante á Real Sociedade de penalti.
No inicio do encontro, os celestes saíron ben, con intensidade e controlando aos locais. Desa forma chegou o gol do Celta aos 22 minutos. Nun saque de esquina Hugo Mallo elevouse e anotou de cabeza. Aínda así, tres minutos despois Portu empatou o partido. A continuación, Gil Manzano sinalou un penalti para a Real Sociedade, pero Iván Villar conseguiu detelo. O partido non estaba como ao comezo, xa que unha vez e outra sucedíanse as faltas a favor dos vascos. No 39, o colexiado sinalou outro penalti e Januzaj puxo por diante aos seus.
No segundo tempo, o encontro estaba parado continuamente. O Celta intentaba ter oportunidades de empatar, pero axiña se volvía atopar co árbitro. Santi Mina e Portu tiveron algunhas ocasións de gol para os seus equipos. Aínda así, a oportunidade máis clara foi a de Solari, que Ferreyra non foi quen de rematar.
Decepcionante partido, por algúns erros do Celta e outros alleos. Con todo, hai que aprender deles e intentar conseguir os tres puntos o vindeiro domingo ante Osasuna en Balaídos. Volver gañar, e recuperar sensacións.
Fotografía: LaLiga Santander