Derrota da EFF Rosalía frente a SCD Ponte Caldelas na 4ª xornada

Derrota inmerecida a que recibiron as senior do Rosalía na mañá do domingo no Monte da Aira. O Ponte Caldelas estivo unha marcha por encima durante todo o partido no que o físico se refiere, o que vai a ser a tónica xeral con este xovencísimo equipo. Con todo esto, o Ponte Caldelas foi quen de levarse unha goleada a favor que non mereceron.

0

A primeira parte foi de poder a poder. A EFF Rosalía e o Ponte Caldelas chegaban o descanso con un empate sen goles e a sensación de que se podía loitar de tu a tu pola victoria.

A segunda parte comezou ben para as ourensás, que con un par de claras ocasións de adiantarse no marcador encerraban na súa área as visitantes. A grada viñase arriba vendo posible a victoria, pero o Ponte Caldelas nunha boa acción de ataque conseguiu poñerse por diante cun disparo cruzado que entrou chorando na portería na seguinte xogada despois do cambio de porteira, xa que Sara Dopazo entrou por Rocío. Ese gol fixo moito dano as locais que acusaron o mazazo en demasía e moito máis despois que nunha falta directa tres minutos máis tarde chegara o segundo das visitantes.

Nun bo envío cruzado Patricia Leal, debutante coas de Alonso, caneou o seu lateral e polo primeiro pau batiu a porteira do Ponte Caldelas poñendo o 1-2 no marcador. Parecía que as rapazas do Rosalía despertaran e que se podían levar algo positivo do partido, pero o final un 1-5 que é demasiado abultado para os méritos das locáis que merecían algo positivo, pero os goles son os que mandan no fútbol e o resultado é demasiado duro para o traballo desenvolto polas xogadoras do Rosalía nos 90 minutos de xogo.

DP EFF Rosalía