Foto: Victoria FC

Ficha técnica

Deportivo B: Jessica Carro; Lara López (Laura Rivas, min. 80), Nuria Torres, María Calvo (Uxía Cabada, min. 86), Tatiana Barcia (Lucía Lorenzo, min. 86), María Figueroa, Sara Álvarez, Navia Rendo, Carlota Sánchez, Marta Rico (Andrea Ansede, min. 70) e Paula Novo.

Victoria FC: M.ª Belén Sánchez; Andrea Santiago, Carla Saborido (Cristina López, min. 69), Alba Muñiz, Laura Mosquera (Angela Nogueira, min. 65), Anxela Torres (Antía Vázquez, min. 81), Alba Torres, Noela Sánchez, Raquel Duro (Alba Garabal, min. 69), Noelia Moure (Andrea Botana, min. 81) e Ana López.

Goles: 0-1, min. 7: Noelia Sánchez. 1-1, min 35: Carla Saborido (p.p.). 2-1, min. 79: María Calvo. 3-1, min. 85: Carlota Sánchez.

Árbitro: Javier Rodríguez. Amonestó a Noelia Moure (min. 27).

Campo: Ciudad Deportiva de Abegondo. 3.ª Xornada De Primera División Nacional.

Primeira derrota do Victoria FC na Primera División Nacional 2020/21. O conxunto compostelá perdeu a súa condición de invicto na terceira xornada despois de caer nun partido moi intenso e complicado fronte o R.C.Deportivo “B”.

O conxunto santiagués sabía que os primeiros minutos serían claves para adaptarse o céspede de herba artificial, e as ‘rojillas’ comezaron moi fortes tanto con balón como na presión tras pérdida. Precisamente, nun roubo froito dunha boa defensa, chegaba o roubo de Alba, que asistía a Noela ao segundo pao para firmar o 0-1 (min. 7).
Logo de poñerse por diante no marcador, o Victoria FC non estivo moi acertado e pouco a pouco foi dominado polo equipo local.

Os erros propiciaron ataques rápidos das xogadoras do Deportivo B que empataban o encontro á media hora de xogo cun tanto en propia porta de Carla (1-1, min. 35).
A segunda metade foi de dominio deportivista. O alto ritmo de partido fixo mella no cadro santiagués que non foi quen de parar as accións ofensivas das locais, pero Beli estivo moi segura e acertada baixo paos.

Foto: Victoria FC

Sen embargo, noutra recuperación cercana a área local, non acertaron as pupilas de Chivi García nunha gran oportunidade pero sí o seu anfitrión, que se puso por diante tras un centro dende a esquerda ao corazón da área que rematou María Calvo (2-1, min. 79).
Nos últimos minutos, as deportivistas aumentaban distancias co definitivo 3-1 que firmou Carlota Sánchez.

Con esta primeira derrota do curso, o Victoria FC empata na segunda plaza da clasificación co Deportivo B por detrás do Viajes Interrías, líder invicto e a espera de recibir a próxima semana o Sardoma no Municipal de Santa Isabel.