Presentación da III Ruta ciclista en BTT no concello de Coles. Asisten Rosendo Fernández (VicePresidente Deputación), Susana Rodríguez Suarez (Tenente Alcalde do Concello de Coles) e Marcos Nespereira (Club Ciclsta Anacrónicos).

Nota de prensa de la Deputación de Ourense

  • A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará o domingo, 5 de maio

A III ruta ciclista de BTT de Coles, cun percorrido de máis de 42 quilómetros, aglutinará deporte e aventura para que os participantes gocen das fermosas paraxes naturais da zona. A presentación deste evento deportivo tivo lugar ayer no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a tenente de alcalde de Coles, Susana Rodríguez; e o representante do Club Ciclista Anacrónicos Bike, Marcos Nespereira.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que, a través do deporte, «contribúe a poñer en valor as potencialidades turísticas do noso rural, converténdose nunha oportunidade idónea para mostrar aos visitantes a nosa riqueza natural». Pola súa parte, a tentente de alcalde de Coles dixo que con este tipo de iniciativas «pretendemos «dinamizar o noso municipio conxugando deporte, turismo, ocio e tempo libre, e supón un pulo importante para acoller no noso territorio todo tipo de actividades para que veña moita xente a coñecelo».

A proba celebrarase o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 9.30 horas, e conta cun número limitado de inscricións que ascende aos 250 participantes. Os interesados en participar poderán anotarse na páxina web galitiming.com por un prezo de 15 euros. «Xa están inscritos participantes de diferentes puntos da provincia, así como de Santiago, Lugo ou A Coruña, entre outros lugares», sinalou Marcos Nespereira.

Este ano celebrarase tamén o Circuíto Ciclista Infantil, desde as 10.00 ás 13.00 horas, para nenos e nenas de ata 12 anos, que será totalmente gratuíto. O percorrido consistirá nun circuíto de educación viaria con sinais, pasos de peóns, semáforos e xincana de adestramento, cunha carpa taller de reparacións de bicicletas.