1923 original

Fotografía: RC Celta

Un 23 de agosto de 1923 nacía o Real Club Celta de Vigo. Os seus pais foron o Real Vigo Sporting Club e o Real Fortuna FC, clubes importantes de Galicia naquela época. Club Celta foi o nome máis votado na asamblea do 10 de agosto de 1923, as outras opcións eran Olímpico, Breogán, Atlantic, Galicia e Oliva (fonte: @AfoutezaRCCelta).

Ao comezo o Celta non tiña as súas características cores celestes, senón que a súa camiseta era vermella. Despois cambiouse ao celeste, xa que os fundadores sempre quixeron que o Celta representara a Galicia.

Manuel de Castro González - Wikipedia

Os principais promotores da fusión dos dous clubes foron Manuel de Castro «Handicap» (na imaxe) e Juan Baliño Ledo. O primeiro presidente do Celta foi Manuel Bárcena de Andrés, Conde de Torrecedeira. Algúns xogadores desa primeira etapa foron Chicha, Pepe Hermida, Pasarín, Pinilla, Polo ou Otero.

Agora, 97 anos despois, todo é diferente. Pero o RC Celta e o celtismo camiñan con paso firme cara os 100 anos. Ese club selecto dos equipos máis grandes da historia.

O celtismo é un sentimento moi profundo, aínda que amargo moitas veces, valóranse máis os momentos felices. Nesta época difícil que vivimos o celtismo non pode ir a Balaídos para apoiar aos seus, pero segue máis vivo ca nunca.

Por un Celta eterno! Por moitos anos máis para o fútbol galego!

Equipo Celta

Fotografía: RC Celta