Luns, 29 de abril de 2019.- Este martes, 30 de abril, ás 17:30 h, xogadores do COB (Club Baloncesto Ourense) asinarán autógrafos e compartirán un cachiño da súa axenda cos seareiros que queiran saudalos na tenda R da rúa Bedoya, 14, en Ourense.
As dúas figuras do club de baloncesto ourensán que atenderán os afeccionados son Davis Rozitis e Jhornan Zamora, nos postos 25ª e 5ª respectivamente do ranking de avaliación de xogadores da Liga LEB Oro.
Quen queiran coñecer máis de preto ambos os dous astros do baloncesto ourensán só teñen que achegarse á devandita tenda R, onde ademais de levar un recordo do día cos seus ídolos, poderán facerse fotos e conversar con eles para saber como viven este momento da tempada no COB ou calquera outra curiosidade que lles interese.
R, co baloncesto galego
O operador galego segue a apostar polo deporte do país e, desta volta, polo baloncesto.
En xaneiro os xogadores do Obradoiro Kendall Stephens e Nacho Llovet estiveron asinando na tenda R de Santiago de Compostela; en marzo tocoulles a quenda aos membros do CB Breogán, en Lugo, onde firmaron Aleksandar Cvetkovic, Ricardo Uriz, Henk Norel e Tadija Dragicevic; e a semana pasada estiveron noutra tenda R, desta volta na Coruña, os xogadores do Leyma Básquet: Zach Monaghan, Quinton Stephens, Michael Uchendu, Sergi Pino, Carlos Martínez e máis o primeiro adestrador do equipo de baloncesto herculino, Gustavo Aranzana.