Da comezo a actividade atlética en Galicia

0

A progresiva volta ás pistas comezará da man dunha serie de probas, logo de que as dúas grandes citas como son o Campionato de Galicia os días 29 e 30 de agosto en Pontevedra e o Campionato Nacional absoluto os días 12 e 13 de setembro en Madrid esten xa no calendario.

As probas previas a eses dous campionatos comezan a concretarse e a organizarse xa que a idea básica segundo Carlos Castro Director Técnico da FGA é a de ̈facer que cada atleta poida competir en a lo menos unha proba previa ao galego ̈

Para elo trabállase en principio con tres probas, a primeira das cales será un control federativo en Pontevedra o vindeiro día 7 de agosto que baixo o nome ̈Voltamos” pretende ser o comezo da nova realidade deportiva actual.

Seguidamente a esa data virá a Festa do Atletismo Galego. Peregrina 2020 o 14 de agosto e o Meeting Ourense Termal o 21 que completarán a oferta de probas malia que non se descarta a posibilidade de facer outra cuarta proba sobre o día 22 caso de que non se poida completar a premisa de ̈un atleta, unha proba antes do galego ̈.

 

Volta do atletismo Galego

Como comentabamos a reanudación oficial da actividade será o día 7 de agosto no CGTD de Pontevedra. Na instalación da Xunta, e a partir das das 17.10 horas, poderase novamente presenciar unha xornada atlética ca agardada presenza dos máis destacados/as especialistas galegos e galegas do momento.

As inscripción será de balde, realizándose a través da web da F.G.A como ben sendo habitual e como data límite ata as 20.00 horas do 4 de agosto.

 

Protocolo COVID19

Elaborar e organizar unha xornada entraña cumplir polo miudo co Protocolo COVID19 que marca a regulación do atletismo galego, e que foi elaborado pola Federación e aprobada pola Secretaría Xeral recentemente como xa informamos. Todo elo obriga a que se teñan que cumplir unha serie de estrictas normas de seguridade, hixiene, acceso e control de usuarios que obligará a habilitar unha plataforma de inscripción, para todos aqueles que desexen acudir en calidade de non participantes, activándose unha vez se den a coñecer os/as admitidos en cada proba.