Foto: Photofutsal

 

Gustavo Voces.- O Pescados Rubén Burela FS pecha a semana de dobre compromiso en terras mañas repetindo portería a cero e vitoria, a décima das Guerreiras, para reafirmarse no liderado do Grupo B. Fronte a Sala Zaragoza, o conxunto de Julio Delgado e Lucas saíu moi concentrado, para asestar o primeiro axiña, xa no minuto 3, dar vida ao comezo e encamiñar moi ben o marcador. Así con 0-3 ao descanso e gran seriedade en defensa na recta final con xogo de cinco local, a escuadra mariñá atopou o 0-4 con Peque nos últimos compases.

A nedende Ale de Paz abriu a lata xa no minuto 3 cun pase de Camila tras o rexeite fronte á tentativa de Lara Balseiro. Peque, máis dosificada nesta cita aínda que coa mesma faísca de sempre, avisou no 8 estrelándoa contra o pau, para subir o segundo a escasos segundos; a 7 burelista sentenciou a súa propia recuperación despois do apoio en Bea e Elena. O 0-3 materializouse no luminoso con tinguiduras cento por cento mariñás, nun pase longo de Lara con propia de Laura Boix, a seis para o descanso.

Tras a boa actuacion de Jozi por partida dobre no minuto 27 para manter a salvo a renda galega, as Guerreiras a punto estiveron de asinar o cuarto, primeiro con Lara ao pau e despois con Ale de Paz. Volveu poñer o perigo o cadro local aínda que escaso, rozando a medianía do segundo acto, con Paola. Con catro minutos por diante, o Sala Zaragoza apostou por xogo de cinco, pero Peque soubo como aproveitar o 39 para anotar por fin o definitivo 0-4 nun roubo, pechando a semana con pleno de triunfos.

 

Ficha técnica

Sala Zaragoza FS: Suzan, Livia, Rapha, Carmen, Boix, cinco inicial; tamén xogaron Jennifer Souza, Paola, Rafinha, Sara

Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Dany, Cami, Lara Balseiro, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Jane, Elena Aragón, Peque, Jozi

Goles: 0-1, minuto 3, Ale de Paz; 0-2, minuto 8, Peque; 0-3, minuto 14, Lara Balseiro (p.p. Laura Boix); 0-4, minuto 39, Peque

Árbitros: Esteban Tirado // Santos Fernández. Por Zaragoza amarela para Rafinha (minuto 25). Por Burela amarela Bea Mateos (minuto 24), Peque (minuto 24)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira División Feminina disputado no Siglo XXI de Zaragoza.