Cristina Torres e Martín Carrera vencedores no Tríatlon do Porriño-Tui

0

 

 

Na categoría feminina, o triunfo foi para a triatleta do Mar de Vigo que foi a máis regular nos tres sectores. Saíu da auga na segunda posición e logrou poñerse líder nunha magnífica bicicleta. Despois, na carreira a pe foi controlando as distancias, cunha espectacular María Martínez (Atletismo Porriño), que veu remontando desde atrás ata acadar a segunda posición. Así o podio estivo formado por Cristina Torres (1:12:06), María Martínez (1:12:45) e a terceira posición foi para a deportista do Tri-Penta Terras, Lydia Xandra (1:15:23).

Na proba masculina, triunfo por terceiro ano consecutivo de Martín Carrera (Natación Riveira) que se atopa moi cómodo nesta proba. Foi o máis rápido na natación, aínda que foi alcanzando por un grupo perseguidor na bicicleta e tivo que confirmar a súa vitoria nunha carreira a pe na que volveu a amosar que era o máis rápido. Así o triunfo foi para Martín Carreira (59:29), a segunda posición foi para Fabián Ubeira (Asociación Deportiva CAR) e o bronce foi para Víctor Alonso (Atletismo Porriño).