Coruña-10 volve con moita forza renovada

0
 

A atleta keniata Selah Busienei cun rexistro de 32:33 e o navarro Nassin Assaous con 29:13 proclamáransonse no día de hoxe gañadores da XV Coruña 10 nunha edición que volvía logo do parentes do ano pasado con máis gañas e ilusión que nunca.

A carreira que contaría con varias saídas limitadas en número de participantes, foi transcurrindo sen incidencias dende as 09.00 horas da mañán en intervalos de dez minutos. O prato forte estaría precisamente na última delas que botaría a andar ás 12:05 horas, e da que sairon os atletas que finalmente ocuparon as primeras posición da clasificación xeral.

Foi precisamente na categoría masculina onde se rexistrou unha maior igualdade entre os participantes co triunfo decidíndose na recta de entrada en meta que daría no segundo posto finalmente para o keniata Kiprop Cherruiyot a cinco segundos do gañador, ocupando o terceiro lugar o corredor de marrocos Hicham Siguenicon 29:29. O primeiro dos galegos foi o ourensá, tricampión deste edición nos anos 2012,2013 e 2018, Alex Fernández, quen chegaría no décimo posto da xeral masculina con 30:03.

A categoría femenina foi algo máis clara con segunda posición para a etíope Likina Amebaw con 33:09 ocupando o terceiro lugar a venezolana, gañadora no 2019 Joselyn Brea con 33:30. A primeira das galegas foi Esther Navarrete quen volvía á competición logo da súa maternidad, logrando un extraordinario sexto posto da xeral femenina con 36:09.

Ca disputa desta proba, recuperase certa normalidade competitiva que fará posible á volta das seguintes importantes citas da cidade na ruta como son  A Coruña41 e Coruña21.