Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 19 de xaneiro de 2017, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda no edificio da Delegación Territorial da Xunta De Galicia (Casa de Chocolate) (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA 

1.- Ratificación, se procede, de novos socios pola Asemblea
2.- Estado execución orzamento 2016-17
3.- Informe sobre socios e abonados
4.- Rolda libre de intervencións

 

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social a día 31 de decembro de 2016, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

 

Comentarios