O equipo celeste xa ten pechado o calendario de compromisos de pretempada. Lugo, Foz, Viana do Castelo en Portugal, e Marín na fase final de Copa Galicia, acollerán os partidos de preparación para o novo proxecto celeste.

A falta de concretar algúns detalles que iremos completando nesta información,  como horarios, etc., este é o plan previsto:

31 de agosto

Pazo Dos Deportes de Lugo, 19:00 horas

Leche Río Breogán 76 – 84 Benfica

(Trofeo Lugo É Básquet. Organiza AXSC)

3 de setembro

Polideportivo Marzán, Foz, (Lugo) 20:00 horas.

Trofeo 40 aniversario Celtas de Foz

Leche Río Breogán – Liberbank Oviedo

Entradas en taquilla de Marzán, 4€ (menores de 16 anos de balde)

7 e 8 de setembro

Torneo Internacional en Viana do Castelo (Portugal) coa participación de Leche Río Breogán, COB, FC Porto e União Desportiva Oliveirense.

  Día 7

  18:00 horas FC Porto – COB

  21:00 horas Oliveirense Basquetebol – Leche Río Breogán

  Día 8:

  14:30 horas 3º e 4º posto

  17:00 horas FInal

15 setembro

Pavillón Municipal de Deportes de Lugo

Leche Río Breogán – COB (Fase previa Copa Galicia)

En caso de clasificación, a semifinal e final xogaríanse os días 20 e 22 en A Raña, Marín

Nota de prensa del CB Breogán