Comezo de ano festivo en Balaídos | RC Celta 2-0 CA Osasuna

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 2-0 CA Osasuna

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Araujo, Javi Galán, Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación CA Osasuna: Sergio Herrera, Nacho Vidal, Dufur, Juan Cruz, Cote, Torró, Barja, Darko, Moncayola, Rubén García e Budimir.

Goles: 1-0, min. 29 (Hugo Mallo). 2-0, min. 37 (Santi Mina).

Árbitro: Cordero Vega

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

Asistencia: 8.837 espectadores

ANÁLISE

O Celta comeza o ano en Balaídos como o rematou: cunha vitoria. Os de Coudet venceron por 2-0 ante un Osasuna que só dispuxo dalgunhas ocasións reais de perigo. Hugo Mallo e Santi Mina foron os autores dos tantos na tarde á beira do Lagares.

Porén, ao comezo do partido a cousa non estaba tan clara, xa que os navarros fixeron tremer ao Celta cun lanzamento que petou no pau. Minutos despois prodúxose unha combinación entre Brais Méndez e Cervi que rematou no gol de Hugo Mallo. O capitán celeste seguiu a tendencia de xogadores celestes con gorros de baño que xa comezaran Kevin ou Tucu Hernández. A continuación, os vigueses comezaron a dominar o encontro, e no 37 chegou o segundo gol. Outra fermosa xogada de Denis Suárez e Iago Aspas finalizou co tanto de Santi Mina.

highlight_image
Fotografía: LaLiga Santander

Na segunda metade xa no houbo goles, pero o Celta encargouse de defender de forma segura e serena o resultado. Clara mostra é a elección de Joseph Aidoo como un dos mellores xogadores do partido. Pola súa banda, o Osasuna tentou remontar con todos os efectivos que tiñan, pero a defensa celeste seguiu cumprindo á perfección. No treito final a piques estivo de chegar o terceiro para o Celta, cando o porteiro rival, Sergio Herrera, salvou o balón case na liña de gol, evitando un tanto en propia porta.

Bo partido, que lembra ao do Betis no Villamarín. É o momento de seguir construíndo en positivo e esquecerse dos malos partidos das semanas anteriores. Agora agarda o Sevilla, nada máis e nada menos que o segundo clasificado da Liga. A repetir a fazaña na cidade hispalense.