Comeza a pretempada celeste

0

O RC Celta iniciou este 5 de xullo ás 17:00 a pretempada 21/22 ás ordes de Eduardo Coudet e o seu corpo técnico. Ponse en marcha a maquinaria para unha tempada que o celtismo afronta con ilusión tralo bo final da anterior campaña e a renovación do Chacho. Con todo, aínda queda camiño para o primeiro partido de Liga o 15 de agosto.

Neste primeiro día de traballo estaban convocados 22 futbolistas: Hugo Mallo, David Costas, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Rubén Blanco, Sergio Carreira, Joseph Aidoo, Kevin Vázquez, Augusto Solari, Santi Mina, Brais Méndez, Miguel Baeza, Gabri Veiga, José Fontán, Carlos Domínguez, Hugo Sotelo, Diego Pampín, Alfon González y Ruly García. Finalmente tamén estivo presente no adestramento Franco Cervi, a primeira fichaxe desta tempada.

Nas últimas horas caeu desta lista Denis Suárez por ser positivo en Covid-19. Outros xogadores como Iván Villar, Renato Tapia, Néstor Araujo (coas súas seleccións nacionais), Juan Hernández, Toro Fernández e Okay Yokuslu incorporaranse máis adiante.

Tras esta primeira semana en Vigo, na vindeira o plantel viaxará ata Marbella para continuar coa pretempada. Permanecerán no complexo Atalaya Football Pitches & Resort dende o 11 ata o 25 de xullo.

Atalaya football pitch - Sol Sports

Un dos campos de adestramento do complexo Atalaya Football Pitches & Resort. Fotografía: Sol Sports

En canto aos encontros amigables, polo de agora só está confirmado un ante o Wolverhampton Wanderers FC o 7 de agosto ás 16:00 en terras inglesas. Neste equipo milita o excéltico Jonny Otto.

O Celta aínda debe aclarar aspectos relativos ás novas camisetas ou á campaña de abonados. Agardamos que sexa cedo para volver pouco a pouco á normalidade tamén no fútbol.