Prensa FGC
O vixente Campión de España Sub23, o galego Iván Feijoo, afrontaba o mundial con apenas puntos que lle permitisen unha mellor situación na liña de saída de Bogense. Arrincando desde un posto corenta o alaricano da Escola de Maceda amparouse nun percorrido que se adaptaba ben ás súas condicións e pudo amosar a fortaleza que lle faltou na última proba de Copa do Mundo. Así, Feijoo foi superando dende os primeiros compases o tráfico de corredores ata o top vinte de carreira.
Por diante era o belga Eli Iserbyl quen puxo o ritmo no grupo cabecero. Con todo, a falta de dúas voltas, o británico Thomas Pidcock, principal favorito a facere coa camisola arcoíris en Bogense, pechaba o espazo que tiña co campión mundial sub23 en 2018 e realizaba un brutal ataque que lle deixaba só na procura do segundo ouro británico da xornada cunha auténtica exhibición.
Mentras, Feijoo seguía librando rivais dando alcance e superando ao seu compañeiro na Selección Española Jofre Cullel que ao cabo sería 36º tras perder forza nas voltas finais. O galego completaba a remontada logrando un magnífico 18º lugar.
Para o ciclista galego: “Condicionoume a saída case desde o 40º. Fun pasando grupos con moita forza ata pelexar polo top 15. Foi unha carreira onde me atopei moi forte desde o principio. Esperemos que o próximo ano poida acudir a máis carreiras nas que lograr máis puntos para saír máis adiante e poder así gozar do mundial”
2019 UCI Cyclocross World Championships Resultado Sub23 hombres
Pl | Name | Time |
---|---|---|
1 | PIDCOCK Thomas (Gran Bretaña) | 47:42:00 |
2 | ISERBYT Eli (Bélgica) | 47:57:00 |
3 | BENOIST Antoine (Francia) | 48:05:00 |
4 | KOPECKY Tomas (Chequia) | 48:13:00 |
5 | DORIGONI Jakob (Italia) | 48:17:00 |
6 | TURNER Ben (Gran Bretaña) | 48:20:00 |
7 | KAMP Ryan (Holanda) | 48:28:00 |
8 | ROUILLER Loris (Suiza) | 48:38:00 |
9 | MEIN Thomas (Gran Bretaña) | 48:49:00 |
10 | VANDEPUTTE Niels (Bélgica) | 49:04:00 |
11 | LOOCKX Lander (Bélgica) | 49:14:00 |
12 | HECHT Gage (USA) | 49:18:00 |
13 | VAN DER HEIJDEN Maik (Holanda) | 49:33:00 |
14 | KUHN Kevin (Suiza) | 49:39:00 |
15 | GOEMAN Andreas (Bélgica) | 49:41:00 |
16 | PETROV Spencer (USA) | 49:43:00 |
17 | VAN DIJKE Tim (Holanda) | 49:58:00 |
18 | FEIJOO ALBERTE Ivan (Galicia) | 50:01:00 |
19 | TULETT Daniel (Gran Bretaña) | 50:05:00 |
20 | DUJARDIN Sandy (Francia) | 50:17:00 |