• O xogador canario cumprirá a súa terceira tempada de celeste

Leite Río Breogán e Christian Díaz chegaron a un acordo para que o base canario continúe como director de xogo do novo proxecto breoganista.

Christian Díaz (Las Palmas de Gran Canaria, 23/03/1992) é un base de 1,84m. formado nas categorías inferiores de Gran Canaria e que chegaba ao Breogán na tempada 2017/2018, converténdose nun dos «heroes do ascenso» a Liga Endesa e sendo nas dúas últimas tempadas nun dos xogadores máis identificados co club, o que lle valeu para ser un xogador querido e respectado pola afección tanto pola súa contribución na pista como fóra dela.

Tralo seu Paso por Liga Endesa co Breogán, Díaz continuará demostrando a súa calidade capacidade de traballo, e progresión ás ordes de Diego Epifanio.

Nota de prensa del CB Breogán