Os equipos galegos que se manteñen nas promocións de ascenso a Segunda División e Segunda División B coñeceron os seus rivais e o calendario de competición.
O Celta B xa sabía que xogaría contra o Cartagena e que o ten que facer xogando a ida na casa e a volta na cidade murciana, xa que o Cartagena foi primeiro do Grupo 4 e perdeu a eliminatoria de campións co Majadahonda.
Na promoción de ascenso de Terceira a 2ªB seguen vivos o Compostela e o Racing Villalbés. Ó equipo santiagués tocoulle en sorte o Terrasa Olímpica 2010 catalán. De novo a terras catalanas se ten que desprazar o equipo galego, que xogará primeiro en Terrasa e a volta en San Lázaro.
E o Racing Villalbés pretende seguir facendo historia. Os lucenses van enfrontarse ao filial do Levante. O primeiro na Magdalena e a volta en Valencia.