CD Valladares B 1-0 EFF Rosalía || Derrota das ourensás que deixa un bo sabor de boca

Desprazábase a totalidade do clube na mañá do venres festividade do Pilar ao Campo de fútbol A Gándara – Valladares (Vigo), a unha triple cita co clube amigo da cidade olívica.

0

 

Aproveitando a 5ª xornada de liga das senior, dende a directiva do Valladares, gracias o traballo e a insistencia do seu adestrador do seu primeiro equipo feminino de 2ª Nacional Gabi Couñago, ofreceusenos a posibilidade de disputar un triangular previo que enfrentou os nosos equipos da liga promesas co Valladares.

O triangular da categoría promesas estivo marcado pola ilusión dos tres contendientes a pesar do mal tempo que facía nas instalacións da Gándara. Unha choiva insistente mezclada cun forte vento non desluciu o esforzo e ilusión de ninguno dos tres equipos.

Finalmente ás 12:30 saltaron o campo as plantillas dos dous senior. O Valladares «B» moito máis experimentado e con moita calidad técnica recibía as nosas guerreiras na 5ª xornada de liga e a verdade e que as nosas a pesares da derrota deixaron moi boa imaxe no campo.

Un despiste na banda dereita no minuto 7 de partido fixo que o Valladares se adiantara no marcador, parecía o guión normal e que algún máis podería caer na porta ourensá… pero para nada foi así. O gran traballo da plantilla do EFF Rosalía e a organización perfecta plantexada por Alonso ante un potente rival permitiulles estar en todo momento no partido con opcións de disputalo.

Nin o Valladares creaba perigo, nin as vistantes eran capaces de desarbolar a estupenda defensa rival… moito xogo no centro do campo de poder a poder. Faltando dez minutos para rematar a primeira parte os nosos mellores momentos. Unha falta lateral botada por Yadira casi cabecea Andrea sola ao borde do área pequena e unha falta directa botada por Zaira casi sube o empate o marcador.

A segunda parte o mesmo guión, o Valladares ben controlado por as ourensás e en ocasións algo desesperado polas imprecisións en ataque esperando unha ocasión que non chegaba e o empate parecía que solo podría chegar nunha estratexia a favor.

O final 1-0 e a sensación de que as debutantes  teñen moitísimo futuro xa que ten os tres ingredientes que inspiran a maior das confianzas que son orden, ilusión e traballo.

DP EFF Rosalía