CB Breogán, COB e Leyma Coruña disputan o IV Torneo Lugo é Basket

Un ano máis chega a IV edición do Lugo é Basket organizado pola AXSC con tres derbis de alto nivel valederos para a Copa Galicia 2017.

0
71

Club Ourense Baloncesto, Leyma Coruña e Cafés Candelas Breogán danse cita esta fin de semana nun torneo anual organizado por cuarta tempada consecutiva pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, e que esta tempada terán o aliciente engadido de que os resultados seán valedeiros para a clasificación para a Copa Galicia.

 

As entradas están á venda en Deportes Élide e en taquilla antes dos partidos e os prezos son de 10€ o bono para os tres partidos e a entrada individual para cada un deles será de 5€ por persoa (os menores de 11 anos entrarán gratis).

 

Calendario

VENRES 20:45 horas:

  • LEYMA BÁSQUET CORUÑA – CAFÉS CANDELAS BREOGÁN

SÁBADO 19:00 horas:

  • CLUB OURENSE BALONCESTO – LEYMA BÁSQUET CORUÑA

DOMINGO 18:00 horas:

  • CAFÉS CANDELAS BREOGÁN – CLUB OURENSE BALONCESTO

Comentarios