Ficha Técnica
Cafés Candelas Breogán (91): Uriz (8), Quintela (5), Fuzaro (14), Löfberg (22), Matt Stainbrok (10) -quinteto inicial- Cebular (3), Córdoba, Arco (9), Díaz (10), Demetrio (10)

Unión Financiera Oviedo (65): Santana (3), Vrkic (6), Geks (3), Barro (2), Arteaga (12) -quinteto inicial- Carlson (9), Pérez (13), Karahodzic (2), González (3), Novak (8), Belemene (4) y Meana.

Parciales: 27-26, 21-10, 23-14, 20-15

 Morales Gª-Alcaide, Juan P. – Merino Campos, Carlos

Incidencias: Última jornada de Liga en la cual el CB Breogán recibió la Copa de campeón de Liga. Partido disputado en el Pazo Provincial dos Deportes de Lugo (Lugo)

Partido con pouca historia o vivido no Pazo entre o Cafés Candelas e o Oviedo. Os visitantes aguantaron o primeiro cuarto co marcador equilibrado (27-26). A partir dese intre os celestes foron moi superiores aos visitantes en tódalas facetas (21-10; 23-14 e 20-15 nos cuartos restantes), dende o rebote e a defensa, ata a anotación e mesmo a capacidade de ofrecer espectáculo aos seareiros con xogadas espectaculares como os 5 mates de Demetrio e os 2 de Fuzaro que ergueron ao público do Pazo dos asentos.

Vitoria contundente (91-65) e final en festa coa entrega por parte do presidente da FEB, Jorge Garbajosa, e o Presidente do CSD, José Ramón Lete, do trofeo de campión ao Cafés Candelas.

No acto estivo presente o presidente fundador, José Ramón Varela Portas, que xunto con outros emprendedores entre os que estaban os seus irmáns, fundaron no ano 66 o Breogán que hoxe, mais de 50 anos depsois, segue facendo soñar a lucenses de moitas xeracións. Don José Ramón recibiu o cariño do público do Pazo, das autoridades e do equipo.

CB Breogán