Catro galegos triunfan nos rankings finais da Copa de España de ciclocrós 2019

0

Póker de éxitos para os galegos na Copa de España de ciclocrós. O júnior Miguel Rodríguez (Ponteareas), a sub-23 Irene Trabazo (XSM), o sub-23 Iván Feijoo (Nesta) e a máster-50 Isabel Castro (Condado) subiron ao podio este domingo en Valencia para recibir os maillots de gañadores finais dos rankings da súa categoría. A estes catro vencedores nas xerais hai que engadir a vitoria do cadete Ricardo Buba (Coruxo) no circuíto da cidade do Turia.

Feijoo chegaba cun punto de desvantaxe respecto a Xabier Murias (Pedagogikoa) e a pugna polo título sub-23 non puido ser máis pechada nesta sexta e definitiva xornada. Noveno na clasificación absoluta en Valencia, e segundo na da súa categoría, o alaricano superou por dous segundos ao vasco. Un resultado suficiente para que o corredor do Nesta sumara outra coroa máis ao seu palmarés. Pola súa banda, o tamén ourensán Carlos Canal (Burgos BH) obtivo no circuíto valencian a cuarta praza nos sub-23.

O ciclocrós galego asinou un dobrete sub-23 nesta Copa de España 2019. Irene Trabazo chegaba a esta última cita co primeiro posto do ranking case que no peto e certificou o título cun sexto posto na clasificación absoluta e sendo segunda na súa categoría, por detrás de Sofía Rodríguez (Sopela).

Tampouco desperdiciu unha inmellorable situación para facerse co maillot ‘rojigualda’ Míguel Rodríguez nos juniors. O ponteareán ocupaba o segundo posto na táboa júnior, pero a ausencia do líder Eliote Ponchon deixáballe o título en bandexa. O sétimo posto rubricado en Valencia bastou para que o galego cumprira co obxetivo.

Sen saír de Ponteareas, Isabel Castro presentouse á beira do Mediterráneo co triunfo garantido matematicamente na xeral máster-50. Por problemas técnicos a RFEC aínda non puido publicar os resultados das carreiras máster en Valencia, tampouco da cadete masculina na que se impuxo Ricardo Buba.

O ciclocrós español volverá reunirse o 11 e o 12 de xaneiro en Pontevedra para disputar, por segundo ano consecutivo, o campionato estatal na Illa das Esculturas.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Ciclismo