Catro compoñentes de TRIOURENSE estiveron na liña de saída na area de Praia del Carmen en Lanzarote para completar o duro desafío de nadar 3800 metros, 180 en bicicleta e correr 42 quilómetros. Alberto Domínguez en 11h44’51’’, Santi García en 11h59’40’’, Miguel Carballo en 12h20’41’’ e Javi Gómez en 12h32’57’’remataron unha proba mítica dentro do mundo triatlón na que participaron 1850 triatletas de 52 países, sendo España, con 560, o país con máis representantes.

O pódium da proba estivo formado por A. Gasperi 8h52’, o galego Iván Raña 8h58’ e C. Viennot 9h51’. Destacar tamén no sector feminino o cuarto posto da triatleta galega Saleta Castro con 10h04’.
O sector de natación estivo formado por dúas voltas a un circuito de 1900 metros cada unha na Praia del Carmen. O tramo ciclista percorría a maior parte da illa para completar 180 quilómetros, tendo como pratos fortes a subida a Haría e o espectacular alto do Mirador do Río, pasando por o Parque do Timanfaya. A proba remataba co Maratón ao longo do paseo que une Arrecife con Praia del Carmen.