Castigo excesivo para o Celta ante o Atlético (0-2)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 0-2 Atlético de Madrid

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Sergio Carreira, Murillo, Araujo, José Fontán, Lucas Olaza, Tapia, Fran Beltrán, Mina, Nolito e Iago Aspas.

Aliñación Atlético de Madrid: Oblak, Sánchez, Hermoso, Savic, Trippier, Koke, Torreira, Lemar, Correa, Costa e Suárez.

Goles: 0-1, min. 6 (Luis Suárez). 0-2, min. 95 (Carrasco).

Árbitro: Martínez Munuera

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta disputoulle o encontro ao Atlético e rematou cun castigo excesivo. Os celestes non foron capaces de remontar o tanto inicial de Luis Suárez, a pesar de que tiveron bastantes ocasións. No desconto, Carrasco puxo o definitivo 0-2.

O encontro comezou mal, xa no minuto 6, Suárez aproveitou o despiste da defensa celeste para marcar. A continuación foron os vigueses os que levaron o peso do partido con varias oportunidades de gol. Santi Mina topouse con Oblak e Sergio Carreira (debutante como titular na máxima categoría) co pau. José Fontán tamén intentou bater ao meta colchoneiro, pero sen éxito.

No segundo tempo seguiu a mesma tónica, pero a defensa case sempre imperturbable do Atlético deteu as acometidas do Celta. Iván Villar tivo que intervir para que Luis Suárez e Llorente non marcaran o segundo tanto. Nolito e Santi Mina tiveron unha ocasión, pero o dianteiro vigués non chegaba á xogada en boa posición de remate. Despois, Fontán volveu intentar o empate, outra vez sen fortuna. No desconto, e co Celta xa rendido de cansanzo, Yannick Carrasco conseguiu anotar o segundo para os madrileños.

Os de Óscar García non mereceron un resultado tan abultado. Realizaron máis méritos que o Atlético, nun dos seus clásicos partidos de defensa do resultado a toda costa. Esta xa é a terceira derrota consecutiva para o Celta. Débese mellorar axiña se non se quere sufrir tanto. Iago Aspas non pode cargar co peso dun club enteiro.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander