Carlos Areñas e Fran Pastor, novas incorporacións do Vilalba F.S. 

0
 
Carlos Areñas Riesco (2/10/1994),  «Areñas», xoga na posición de porteiro. Ten 22 anos, e pasou por tódalas  categorías do Prone Lugo, debutando co  primeiro plantel na Primeira División. En categoría xuvenil tamén xogou no  I.E.S. Coruxo de División de Honra e posteriormente pasou ao Bembrive na  Segunda División B. A pasada tempada  estivo no Casás da Terceira División.  Súmase así ao proxecto deportivo do equipo onde  coincidirá con varios ex compañeiros.
Fran Pastor Blanco (13/12/1995) «Fran», xogador de 21 anos, procede da S.D. Sarriana. Nesta tempada troca o fútbol polo futsal, e chega ao equipo de Alfonso e Luis, para aportar o seu olfato goleador.
 
Traxectoria:
16/17 S.D. Sarriana – Preferente Norte
15/16 S.D.C. Polvorín – Primeira Autonómica
14/15 Clube Lemos – Primeira Autonómica
14/15 S.D. Chantada – Preferente Norte
13/14 C.D. Lugo Xuvenil – Liga Galega
12/13 S.D. Chantada – División de Honra