Cara e cruz para os equipos senior do Bm Pabellón Ourense

0
Vitoria do senior feminino do Bm Pabellón Ourense este pasado venres en Os Remedios. As pabellonistas recibían ao Bm. Cañiza nun partido que se presumía igualado e que así resultou ata os últimos minutos onde as de Zarra decantaron o partido a partir da defensa que só permitiu dezanove goles en contra(23-19).
Deste xeito as das Burgas mantéñense na parte alta á espera de recibir este próximo fin de semana ao Bm. Moaña como un dos rivais directos aos postos de fase de ascenso á División de Honor Prata.
Senior masculino

Dúas perdas de balón no último minuto do equipo senior masculino del BM Pabellón Ourense deron ao traste co gran traballo realizado polo equipo de ourense o sábado en Lalín.

O equipo ourensán foi por riba no marcador prácticamente na totalidade do encontro. Unha moi boa defensa, intensa e solidaria, unida as intervencións da portería fixeron que os ourensáns se fosen con vantaxe ó descanso.
No segundo tempo, os lalinenses incrementaron a intensidade e dureza, permitida en exceso polos colexiados. A pesares diso, os xogadores do Pabellón non perderon a cara en ningún momento, ata chegar con vantaxe ao fatídico último minuto, na que dúas perdas infantís de balón facilitaron dous contragolpes fáciles que lle deron a vitoria ao Deza por 28-27.