Cangas acollerá o sábado 9 de febreiro o Campionato Galego Promesas con 240 deportistas

O torneo disputarase no pavillón do Gatañal, en horario de mañá e tarde.

0

 

A Coruña, 8 de febreiro de 2019. A Campionato Galego Promesas das categorías cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá mañá sábado 9 de febreiro no pavillón do Gatañal (Cangas) a case 240 deportistas e 35 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia.

Poderán participar neste campionato, organizado polo club Sares TKD de Cangas, aqueles deportistas que non sexan medallistas en campionatos galegos e estatais. Tamén quedan excluídos aqueles taekwondistas que foron membros da selección galega nunha competición oficial. O torneo comezará ás 09:00 horas pola mañá coa competición cadete e júnior (3 asaltos de 1:30) e ás 15:30 horas pola tarde para o resto de categorías (sénior e veteranos).

O Gatañal leva con este dez anos acollendo este torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción do deporte base, darlle continuidade a deportistas que aínda non se incorporaron á selección galega e promover o salto de categorías.