Calendario da XXXV Copa Galicia 2020

0

A chegada de outubro abrirá a disputa da XXXV Copa Galicia Sénior Masculina. A edición 2020 da competición copeira da Federación Galega de Baloncesto comezará neste mes de outubro que entra, e en virtude da situación sanitaria e competitiva excepcional desta temporada, deixará a súa data final para o próximo xaneiro de 2021.

Copa Galicia Sénior Masculino – Palmarés Histórico

 Monbus Obradoiro, Leche Río Breogán, Leyma Coruña e Ibereólica Renovables Ourense serán os catro protagonistas dunha Copa Galicia que se realizará coa pertinente autorización da Secretaria Xeral para o Deporte e cumprindo as súas instrucións e requisitos sanitarios precisos xa coñecidos polos clubs participantes.

 Os tres clubs de Leb Ouro disputarán ao longo do mes de outubro as tres xornadas da fase previa, resultando o mellor equipo da mesma como o finalista que buscará a Copa no partido decisivo ante Monbus Obradoiro, clasificado directamente pola súa condición de equipo ACB.

 O calendario desta XXXV edición, con datas aínda por confirmar definitivamente, faranos desfrutar da Copa Galicia coa seguinte programación:

 Fase Previa

Xornada 1

LECHE RIO BREOGAN – IBEREOLICA RENOVABLES OURENSE

(01/10/20 – 20.00 h) (Pazo Provincial dos Deportes)

Xornada 2

IBEREOLICA RENOVABLES OURENSE – LEYMA CORUÑA

(03/10/20 – 12.30 h) (Paco Paz)

Xornada 3

LEYMA CORUÑA – LECHE RIO BREOGAN

(data por confirmar)

 

Final

MONBUS OBRADOIRO – 1º CLASIFICADO DA FASE PREVIA. Esta cita final terá lugar o día 20 ou o 21 de xaneiro do 2021. A data definitiva decidirase máis adiante e entre estas dúas opcións, sempre e cando o equipo LEB Ouro clasificado para a ocasión non teña que disputar a Final da Copa Princesa FEB, marcada tamén para esas datas. Neste último caso a Federación Galega de Baloncesto modificaría o día da final.

 

Copa Galicia femenina

A XXXIV edición da Copa Galicia Sénior Feminina contará coa importante e imprescindible colaboración dos clubs para poder levarse a cabo baixo o rigoroso cumprimento das medidas sanitarias, e cun formato de xogo que enfrontará en fase previa, repartidos en dous grupos, aos equipos de Liga Feminina 2. Posteriormente, os mellores de cada grupo disputarán unha semifinal da que sairá o equipo que se vexa as caras na final co Durán Maquinaria Ensino, clasificado directamente para a mesma pola súa condición de equipo de Liga Feminina Endesa

O calendario, con algunhas datas da fase previa xa fixadas, así como confirmadas as da semifinal e final, deixaranos os seguintes enfrontamentos:

Copa Galicia: Resultados

Fase Previa
Grupo Sur: AD Cortegada, RC Celta Zorka Recalvi e CB Arxil .
Grupo Norte: BAXI Ferrol, Maristas Coruña e ULLA OIL Rosalía.

1ª Xornada
CORTEGADA – CELTA ZORKA – (65 – 76)
BAXI FERROL – MARISTAS CORUÑA – (102-62)

2ª Xornada
CELTA ZORKA – ARXIL – (64 – 59)
ROSALIA CASTRO – BAXI FERROL (52 – 71)

3ª Xornada
ARXIL – CORTEGADA (62-38)
MARISTAS CORUÑA – ROSALIA CASTRO (68-69)

 

Fase Final
Semifinal – 12/10/20
1º GRUPO SUR – 1º GRUPO NORTE

Final – 28/10/20
DURAN MAQUINARIA ENSINO – GAÑADOR “A”