Cafés Candelas Breogan e Monbus Obradoiro, finalistas da XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina

A Copa Galicia Sénior Masculina celebrou este domingo en Marín as semifinais da súa XXXIII edición. Coa organización de Concello de Marín e Club Baloncesto Peixefresco Marín, o Pavillón da Raña foi a sede de dous encontros definitorios, citas que tamén puideron seguirse en directo na canle oficial da Federación Galega de Baloncesto en YouTube. O Monbus Obradoiro enfrontarase o 31 de outubro ao Cafés Candeas Breogán para loitar pola súa décima Copa Galicia consecutiva no pabellón A Raña de Marín.

0

 

Nun partido que dominou de principio a fin o Cafés Candelas Breogán esqueceu as numerosas baixas e coa axuda de tres xogadores do Estiudiantes Lugo, asinou o seu pase a unha final vencendo na primeira semifinal a Leyma Básquet Coruña (64-84)

Felipe Dos Anjos foi o amo das zonas e rematou como xogador máis valorado (25v.)  con 14 puntos, 12 rebotes e 2 tapóns e 2 asistencias. Tamén destacou aúltima incorporación celeste. Sergi Vidal completou un partido moi destacado con 22 puntos, 2 rebotes e 3 asistencias (23v.).

O equipo lucense contou coa colaboración de tres xogadores do Estudiantes Leyma Natura que deron rotacións interesantes para osixenar ao minguado conxunto de Natxo Lezkano: Andrés Corral (5 puntos e 4 rebotes), Nian Mor (3 rebotes) e o júnior Marc Héctos Mensa (2 puntos, 1 rebote).

No Leyma Básquet Coruña as ausencias tamén se deixaron notar, sen Sergi Pino, no 3X3 con España e Jonathan Araujo nas Ventanas FIBA, motivaron que Gustavo Aranzana volvese contar con Rubén Souto e Jorge García, este último junior de primeiro ano. Destacaron o debutante Quinton Stephens (15 puntos, 12 rebotes), seguido de Zach Monaghan (16 puntos, 3 rebotes).

 

O Monbus Obradoiro gañouse o pase á final da Copa Galicia tras superar ao Rio Ourense Termal (49-84) na segunda semifinal que se disputou no pabellón da Raña de Marín.

O equipo compostelano chegou coas ausencias de Tryggvi Hlinason e Andreas Obst, que están coas súas seleccións nas Fiestras FIBA, e coas baixas de Nick Spires e Maxime de Zeeuw. Os de Moncho Fernández eran conscientes de que o choque requiriría un gran esforzo físico para ser capaces de superar aos ourensanos. E así foi.

Un Rio Ourense Termal con moita intensidade puxo as cousas moi difíciles ao Monbus Obradoiro, que non conseguía sentirse cómodo en ataque, sen conseguir anotar con facilidade.

O Monbus Obradoiro quixo cambiar a dinámica do partido e atopou solucións desde o tiro exterior da man de Simons e Vasileiadis e, en apenas uns minutos, conseguiu abrir unha distancia no marcador que o COB xa non sería capaz de recortar. Os ourensanos mantivéronse moi activos mentres se facían cos rebotes a través de Watson, pero os obradoiristas non baixaron o nivel defensivo e o electrónico reflectiu un 49-84 que reflexa a diferencia de categoría entrambos conxuntos.