C.B. Arteixo Duacode 71-78 Peleteiro Frutas Barreiro | Importante vitoria en Arteixo

0

 

Vitoria moi importante en Arteixo por 71-78, nun partido, xa de por si complicado, e aínda máis tras o parón de Nadal, ao que chegaba o Pñeteiro con poucos adestramentos enriba.

O equipo notou ao principio a falta de ritmo pero a actitude era boa e conseguiamos manternos no partido a pesar das cinco triplas convertidas dos locais. 20-18 no primeiro cuarto.

No segundo cuarto subimos a intensidade defensiva e comezabamos a recuperar as boas sensacións de xogo. A pesar de ir 5-6 puntos por debaixo, finalizando o cuarto, grazas a dúas boas accións defensivas de Álvaro e Santi recurtabamos a diferencia a un punto, 40-39.

Tras o paso polo vestiario chegaron os nosos mellores minutos de xogo. Cun gran traballo de equipo en defensa (aínda que cabe destacar a gran labor de Antón en todo o partido parando a unha das súas maiores referencias ofensivas), máis un recital de Andrés na pintura, con 8 puntos consecutivos, dabámoslle a volta ao marcador cun parcial de 2-10. Finalizando o cuarto, os arteixáns conseguían meterse de novo no partido e reducían a diferencia a 5 puntos.

No último cuarto soubemos controlar o partido aínda que os locais volvían a ter opcións de darlle a volta. De novo, os rebotes ofensivos de Santi nos daban moito aire, e Andrés desde a pintura e Vicario desde o tiro libre sentenciaban o partido. Moito mérito de todo o equipo que soubo sufrir e ter a cabeza fría nos momentos delicados do partido. Tendo en conta ademais o gran desacerto que tivemos desde a liña de tiros libres e de tripla.

Con esta vitoria conseguimos quedar líderes do grupo, desta primeira fase e pasar á fase de ascenso cunha soa derrota. O vindeiro sábado rematamos esta fase, o sábado ás 20:00 en Montouto, contra o Calvo-Artai, nun partido intrascendente de cara á clasificación pero que nos ten que servir para volver a recuperar o ritmo de xogo.