Burela Bonita volverá percorrer España co fútbol sala laranxa

0
Foto: PRBFS

O Pescados Rubén Burela FS volverá promover a imaxe de Burela Bonita polas pistas de Primeira División Feminina e Masculina a través do apoio do Concello de Burela.

O presidente laranxa, Manuel Blanco, e o alcalde, Alfredo Llano, formalizaron esta mesma mañá o convenio de 2021, renovando o compromiso do club mariñán de promover e divulgar a localidade de Burela por toda a xeografía española, con notable presenza e repercusión en Televisión e prensa escrita de medios nacionais e internacionais.

Ven a Burela. Descubre algunhas das nosas marabillas