Buen arranque de los equipos del Nova Xestión Pabellón

0

 

COPA FEDERACIÓN 1ª AUTONÓMICA MASCULINA
 
NOVA XESTIÓN PABELLÓN, 29 (18) – E.D.POIO, 25 (12)
 
 
[alert type=»success»]Xogaron por Nova Xestión Pabellón: Cerviño (P), Nogue (4), Laso, Fran, Dani, Xurxo (4), Gabi (1), Javi (13), Víctor (3), Manu, Fernando (P), Alex (4) e Rubén (P)[/alert]
 
Gran ambiente no Anexo de Os Remedios para o debú do equipo masculino de Nova Xestión Pabellón con un público volcado con os locais, nun partido que a priori se plantexaba como moi complicado por tratarse dun rival recientemente descencido da 1ª Nacional. Ademáis co engadido da baixa de Borja no pibote e co peso de ter sufrido unha derrota no partido anterior en terras de Narón.
 
O partido principiou moi serio en defensa por parte do de Diego Lorenzo cunha defensa 5+1 ben estruturada tratando de complicar a circulación do balón así como os lanzamentos a distancia do equipo rival. O bó desenvolvemento defensivo unido a rápidos contraataques propiciou vantaxes cómodas dos ourensáns de ata seis goles. Ao descanso chegouse con 18 – 12.
Na continuación o E.D. Poio variou o sistema defensivo tratando de sorprender aos ourensáns pero nesta ocasión o equipo mostrouse moi sólido i efectivo ante a portería contraria cunha gran actuación grupal na que brillou sobre todo o xuvenil Javi coa súa eficacia realizadora. So certos erros finais produto da relaxación de ver o partido gañado facilitou un resultado menos avultado.
 
Bóas sensacións de todo o grupo que axudará para afrontar a difícil saída da semana vindeira á pista de Camariñas, onde se xogarán ante os locais a participación na final desta edición da Copa Federación.
 
 
 
 
2ª AUTONÓMICA SÉNIOR FEMININA
 
NOVA XESTIÓN PABELLÓN, 32 (17) – BM. LUCUS APETÉCEME, 18 (9)
 
[alert type=»success»]Xogaron por Nova Xestión Pabellón: Ana (7), Bárbara (3), Raquel (5), Elisa (5), María Puga (4), Elena (4), Bea (P), Vega (1), Carmen (1) e María Katukunani (2)[/alert]
 
Partido completo das rapazas de Zarra que, ante un rival netamente inferior, aproveitaron para xogar un partido relaxado. Vantaxes importantes dende o principio para as locais e minutos para que todas as xogadoras vaian collendo a forma con vistas a partidos máis complicados; como o da vindeira xornada en Moaña.
 
 
Outros resultados dos equipos de Nova Xestión Pabellón:
 
Esta fín de semana os equipos de categoría autonómica de Nova Xestión Pabellón acadaron un pleno. Sete victoria en sete partidos.
 
[alert type=»info»]
  • 2ª Xuvenil Masculina: Nova Xestión Pabellón, 35 – Bm. Cañiza X Estaservi, 13
  • División de Honra Cadete Feminina: S.D. Teucro, 13 – Nova Xestión Pabellón, 37.
  • 2ª Cadete Masculina: Nova Xestión Pabellón, 41 – Bm. Lucus Recambios Infra, 10.
  • División de Honra Infantil Feminina: S.D. Teucro, 16 – Nova Xestión Pabellón, 19.
  • División de Honra Infantil Masculina: UB Lavadores, 14 – Nova Xestión Pabellón, 28
[/alert]