Magnífica actuación dos nosos deportistas no Campionato de Europa de Combate Cadete que se disputou estes días en Estrasburgo, que se celebro en Estrasburgo (Francia) estes días con 352 deportistas inscritos.
|
Tania Castiñeira (+59, Hebe) librou a primeira rolda, para enfrontarse na segunda cunha durísima rival, a francesa Della Sassi, que o pasado ano lograra o subcampionato do mundo da categoría cadete en Azerbaián. Aínda así, a galega fixo un combate excepcional e superou á francesa por un claro 6-3 que lle garantía a medalla de bronce. Nas semifinais, Castiñeira caeu contra a deportista de Bosnia Adna Boric (12-5) e quedou fóra da final.
Pola súa banda, Aitana Santomé (-55, Patiño) superou no primeiro combate á turca Aydin Kubra por un rotundo (0-4). Na segunda rolda esperaba a taekwondista serbia Nadica Bozanic e ambas ofreceron un combate moi rifado e duro que tivo que decidirse na morte súbita e foi a favor da serbia. Bozanic logrou ao final o título de campioa de Europa Cadete en -55 quilogramos.
Unai Silva (-57, Mace Sport) acadou a medalla de bronce no Campionato de Europa Cadete de Combate en – 57 quilogramos. O deportista pontevedrés comezou a competición contra o representante de Francia, Alex Toullan, ao que superou con certa comodidade cun resultado final de 10-4. Nos cuartos de final tivo un duro combate fronte a Alin Dumitru Onita (Romanía), ao que gañou no punto de ouro, e así garantiu a medalla de bronce. Nas semifinais caeu contra o húngaro Bela Berei, quen finalmente logrou o título de campión de Europa no seu peso, no que participaron un total de 18 deportistas.