Brais Méndez dá os 3 puntos ao Celta | Celta 2-0 Raio Vallecano

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 2-0 Raio Vallecano

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Carlos, Javi Galán, Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Raio Vallecano: Dimitrievski, Balliú, Saveljilch, Catena, Kevin Rodrigues, Pathé Ciss, Santi Comesaña, Álvaro, Unai López, Sylla e Nteka.

Goles: 1-0, min. 12 (Brais Méndez). 2-0, min. 80 (Brais Méndez).

Árbitro: Munuera Montero

Asistencia: 12.546 espectadores

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

Despois de moito tempo de seca de vitorias en Balaídos, agora o Celta encadea a terceira vitoria consecutiva na casa. Brais Méndez foi o encargado de anotar os dous goles do triunfo celeste.

Pouco despois do inicio do partido, o Celta xa se poñía por diante no marcador. Brais Méndez aproveitou un frouxo despexe de Dimitriesvski para marcar o primeiro. No resto da primeira metade o partido tivo ritmo, pero non ocasións. O Raio tentaba facerse coa posesión do balón e dispuxo dunha ocasión de gol de Álvaro García.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander

No segundo tempo, os de Coudet saíron coa intención de ter máis control da bóla e buscar o segundo gol que dera tranquilidade. Por uns minutos o Raio tivo a sensación de que podía chegar a sacar algo positivo do encontro. Polo que entraron ao terreo de xogo algúns dos titulares. Porén, o Celta non se rendeu e defendeu o marcador con gran solidez defensiva. Cando faltaban dez minutos para o remate, Brais Méndez anotou de tacón o segundo gol. Ninguén agardaba esa obra mestra do mosense.

O celtismo saíu feliz de Balaídos despois de alentar ao equipo durante todo o partido. Parece que neste 2021 o coliseo vigués si se está a converter no verdadeiro fortín que precisa o Celta.