Boa imaxe dos equipos do Victoria F.C. nos amigables da fin de semana

0

Boa imaxe a que ofreceu esta fin de semana o Victoria F.C. da 1.ª División Nacional Feminina con motivo das súas citas tanto en Sanxenxo como en Friol.

A primera parada foi no IV Torneo Internacional do Concello de Sanxenxo que se disputou o sábado no campo de fútbol municipal de Baltar (Portonovo). Tras impoñerseno seu lado do cadro en partidos de 40 minutos ao CAR Valladares, (1.ª Nacional), o EFM Concello de Boiro (Liga Autonómica) e ao Umia CF (1.ª Nacional), o conxunto compostelá disputou a final contra o PM Friol da 2.ª División Pro. As lucenses, nun partido moi igualado, conseguiron adiantarse no marcador  por 1 gol a 0, un resultado que as rojillas pelexaron por remontar pero non foron quen de variar. Desta forma, o Victoria F.C. proclamouse subcampión desta internacional.

Xa o domingo, o conxunto que adestra Chivi García despraouse ata Friol, onde disputou o I Torneo Jim Sports no Campo de “A Reigosa” contra o conxunto anfitrión que milia na 2.ª División Pro. O cadro compostelá soubo ser rival para as lucenses mais o resultado decidiuse aos poucos minutos da segunda parte cun gol a favor do Friol.

No mesmo torneo, o sénior B do Victoria F.C. enfrontaronse ao filial do Friol. Nun partido moi disputado, as santiaguesas conseguiron unha vantaxe de dous goles que as locais lograron empatar, chegándose ao final dos 90 minutos cun resultado de 2-2. Foi na tanda de penaltis onde se decidiu a victoria a favor do Victoria B.

Polo que respecta ao sénior C do Victoria F.C., o conxunto santiagués superou tamén con nota o seu primeiro amigable da pretemporada frente ao Órdenes. Cun plantel que se completou tamén con varias xogadoras  infantís, as ‘rojillas’ foron as claras dominadoras do encontro que se pechou cun resultado final de 0-2.

Nota de prensa del Victoria FC