Bicho será do Compos ata final de tempada

0

 

O xogador Javier Fernández Abruñedo (20/02/96), coñecido futbolísticamente como ‘Bicho’, incorpórase ás filas da S.D. Compostela polo que resta de tempada.
 
 
‘Bicho’, xunto co presidente, Antonio Quinteiro e o director deportivo, Pedro Quinteiro, asinou esta tarde o contrato que o converte en novo xogador da S.D. Compostela.
 
Javier Fernández formouse na canteira do R.C. Deportivo da Coruña; club ao que pertence e co que conseguiu debutar en Primeira División con apenas 17 anos. Na tempada 13/14 o xogador foi cedido ao filial do F.C. Barcelona, pero tralo descenso do equipo o Deportivo volveu cedelo na seguinte campaña ao C.D. Leganés de Segunda División. Tras disputar a primeira volta co equipo madrileño, ‘Bicho’ regresa á súa terra natal para poñerse ás ordes de Alberto Mariano e reforzar o Compostela.
 
A nova incorporación ocupa a posición de media punta e tamén pode desenvolverse como interior esquerdo. A súa calidade técnica permitirá xerar o último pase que poida axudar aos xogadores máis ofensivos.
 
Desde o club queremos agradecer ao R.C. Deportivo da Coruña, ao C.D. Leganés e á Asesoría Deportiva Eugenio Botas, as facilidades para que Javier Fernández ‘Bicho’ se incorporase á S.D. Compostela.