Bergantiños CF e CD Ribadumia buscan este mércores o título autonómico da Copa RFEF

A entrada na final da Copa RFEF será gratuita. Só se abrirá o acceso á grada de tribuna para o público, que deberá entrar ó estadio pola porta 3.

0

 

O estadio municipal de San Lázaro, en Santiago, acollerá este mércores a final da Copa Federación (Copa RFEF) que disputan o Bergantiños e o Ribadumia. O encontro dará comezo ás 20:15 horas e será de entrada gratuíta.

Só se abrirá a grada de tribuna para o público, que deberá entrar ó estadio pola porta número 3.

O partido vai a poder seguirse en directo pola web da TVG: www.crtvg.es.

O campión da fase autonómica acadará a clasificación para a fase nacional. Cabe recordar que o campión galego do ano pasado foi o Silva e o campión nacional o Pontevedra.