En virtude da colaboración entre a ESCOLA BASKET XIRIA e o CONCELLO DE PONTECESO, o próximo sábado 17 de Febreiro, os equipos infantís feminino e masculino da escola, disputarán no Pavillón Municipal de Ponteceso os seus correspondentes partidos de liga galega de baloncesto en horario de 10:00 h e 12:00 h respectivamente, co gallo de promover a práctica do baloncesto e dar continuidade e visibilidade ao traballo das escolas deportivas municipais , xa que varios dos xogadores que integran estes equipos de Basket Xiria, son formados nas escolas deportivas de Ponteceso.
As 10:00 h o equipo feminino de NORDATA BASKET XIRIA xogará o seu derby local contra o CB Artai; Ao remate de este encontro, os nenos de DENTAL NOA GARCIA, serán os que se enfrenten aos xogadores Ceenses de DIELECTRICO INDUSTRIAL COSTA DA MORTE.
Pola tarde, as 17:00 tamén disputarase un encontro da liga Bergantiños de Preminibasket, na que o equipo EDM Ponteceso , lider da competicion, recibe a visita de CB Artai.
Desde a Escola queren agradecer as facilidades dadas polo Concello e os equipos visitantes, para poder levar a cabo ésta xornada de promoción e divulgación de baloncesto.