[alert type=»success»]
UD Barbadás: Borja, Martín, Quintairos, Germán, Geno, Cassio, Bruno (Lamelas, min 65), Pablo, Luis (Camba, min 68), Rodrigo, Igor (Oli, min 89).
Arosa SC: Lloves, Fran, Suso, Vitra, Aitor, Rivas (Julio Rey, min 62), Óscar, Manu Justo (Hugo Soto, min 84), Sergio, Eloy (A.Vilas, min 72), Sylla.
Goles: 1-0 Rodrigo, min 28; 1-1 Sylla, min 60
Árbitros: Cives Enjo, Jose Manuel, Blanco Rodriguez, Fabian, Morlan Garcia, Ivan
Incidencias: partido correspondente a 23ª xornada do campionato de Terceira División disputado no campo de Os Carrís.
[/alert]
O encontro comezou con moita igualdade, desenvolvéndose o xogo principalmente no mediocampo, nun partido moi físico, con moita disputa e xogo aéreo e directo. Unha dinámica que protagonizaría todo o primeiro tempo. Así todo, xa no minuto 4 avisou o Arosa co remate de Rivas despois dun saque de córner, se ben non podemos destacar outra ocasión até o minuto 22 cando Manu Justo botou unha falta frontal cometida sobre Sergio. O seu disparo saíu lambendo o longueiro.
Golazo de Rodrigo
No minuto 28 adiantábase o Barbadás cun auténtico golazo do portugués Rodrigo por medio dun “zapatazo” desde máis de 30 metros. Os locais non chegaran practicamente á porta hoxe defendida por Lloves, e de feito marcaron sen necesidade de achegarse. Non foi até o minuto 38 cando o propio Rodrigo rematou, alto, desde dentro da área. Pouco antes do descanso, o Arosa dispuxo dunha ocasión de Sylla, que rematou moi alto.
Sylla encontra frito o dominio visitante
O segundo tempo comezou con outra dinámica. O Barbadás retrasou liñas, o que combinado cunha maior paciencia dos de Otero na elaboración, fixo que a disputa se afastase do centro do campo e se achegase máis á área de Borja. No 46 Óscar disparou desviado desde a frontal. Pouco despois Manu Justo é derrubado tras driblar a 2 oponentes e a falta, botada por Suso, márchase moi preto do pau. Foi no minuto 61 cando chegou o gol do empate, por medio de Sylla cun remate acrobático tras rexeitar o gardameta un disparo do propio dianteiro senegalés.
Polémica para rematar o encontro
O encontro continuou na misma liña, co Arosa dominando pero sen xenerar ocasións moi claras, e o Barbadás agardando para saír á contra. Xa no tempo de desconto chegou a xogada polémica do partido. Fran Matos mete un pase ao espazo no que aparece Julio Rey, que acabaría batendo ao cancerbeiro local, se ben a xogada fora anulada por un fora de xogo moi dubidoso. A raíz das protestas desa xogada tanto Jorge Otero como Duvi Paredes serían expulsados.
O Arosa continúa na 5ª praza, a 3 puntos dos postos de playoff. A próxima xornada visita A Lomba o Deportivo B, actualmente 2º clasificado mentras que o Barbadás é 10º con 32 puntos e na seguinte xornada visita ao Ordes.
Dto Com. Arosa SC